Lektores RSS
Fazendo Kousas
camisetas
korreios e páxinas web doutras asoziazoms
Páxina web guindastre
Sábado 29 de xaneiro: Roteiro pola Serra do Cando (e Monte do Seixo)
editado: 2011/01/27

Imos coñecer desta volta unha das serras máis senlleiras entre as que compoñen a Dorsal Galega: a Serra do Cando, que fai de divisoria entre os vales do Río Verdugo ao surleste –na comarca do Suído- e do río Lérez ao noroeste –na comarca de Pontevedra-, adentrándose cara ao norte na Terra de Montes. Polo seu alto valor ecolóxico, esta serra foi incluída na Rede Natura 2000 formando o LIC – Serra do Cando, malia que este feito non impide que toda a serra estea ocupada nos seus cumios polos aeroxeradores eólicos (e vai unha outra montaña máis estragada).
Á parte máis alta da Serra do Cando chámaselle
Monte do Seixo, e está a ser recoñecida a súa importancia etnográfica, grazas sobre todo ao labor do investigador pontevedrés Calros Solla e o grupo de estudos Serpe Bichoca (
http://montedoseixo.
O plan é atoparnos ás 9:30 na Taberna O Toural e desprazármonos deica a aldea do Pelete no concello da Lama. Dende alí subiremos ao alto do Coto de Santa Mariña (994 m) -vistas insuperábeis das Rías Baixas-, visitaremos a ermida adicada a esta santa e camiñaremos polo alto do Monte do Seixo cara o cumio da Cruz do Seixo (994 m) parando antes na Porta do Alén. O descenso final levaranos cara á aldea da Barcia do Seixo pertencente tamén ao concello da Lama. Vémonos!
Ø Distancia: 11.650 m
Ø Desnivel máximo a superar: 391 m
Ø Tipo de terreo: pistas de terra, sendas
Xoves 30 de decembro: Roteiro polo Monte Maior
editado: 2010/12/24
O Monte Maior é un pequeno macizo montañoso que pode considerarse coma unha continuación en dirección suroeste da Serra do Suído na Dorsal Galega, que marca a divisoria entre as concas do río Oitavén a norte (concello de Fornelos de Montes) e o río Tea a sur (concello de Mondariz). Con case 900 m de altitude, o Monte Maior é xa un bo exemplo do conxunto de ecosistemas presentes nas montañas de altitude media do interior da Galiza. É por esta razón que hai xa varios anos que se solicitou a inclusión do Monte Maior na Rede Natura 2000 coma parte do futuro espazo protexido do LIC – Serra do Suído. Pero, pola interesada desidia da Xunta da Galiza este espazo protexido continúa a día de hoxe sen se crear, precisamente no mesmo momento en que aparecen proxectos de empresas mineiras para abrir canteiras neste lugar.
O noso plan consistirá en saír coma sempre ás 9:30 do Guindastre para chegar ás 10:30 á aldea de Ventín. Dende aí subiremos ao Coto de Eira (884 m), o cumio máis coñecido do Monte Maior polas vistas que ofrece. Na baixada cruzaremos as brañas da Chan da Andoriña para rematar visitando o Foxo do Lobo, singular construción de orixe medieval destinada á caza deste mítico animal. Así que, ánimo e a camiñar!
Ø Distancia: 9.800 m
Ø Desnivel máximo a superar: 267 m
Ø Tipo de terreo: pistas de terra
Mércores 8 de decembro: Roteiro pola Serra do Galleiro
editado: 2010/12/01
CAMBIAMOS A DATA DO ROTEIRO AO MÉRCORES 8
Chegou o momento de afrontarmos a ascensión do pico máis alto de toda a contorna de Vigo: o Galleiro. A súa inmensa mole granítica domina todo o val da Louriña, xusto enriba de Mos pola súa cara occidental, que é por onde subiremos. A serra da que forma parte, coñecida coma Serra do Galleiro, discorre durante uns 15 km en dirección N-S separando os vales do río Louro ao oeste e do río Tea ao leste, que flúen paralelos á serra.
Comezaremos a nosa andaina na aldea do Pombal, na parroquia de Louredo (Mos). Dende aí faremos de seguido toda a subida deica o cumio do Galleiro (749 m). Despois de repoñer forzas continuaremos cara ao sur para subir aos outros dous cumios máis sinalados da serra: primeiro o Salgueirón (621 m), onde visitaremos a mámoa do Salgueirón e, a seguir, o Castelo de Mos (541 m), así chamado en referencia ao castelo medieval que alí existiu. Na baixada visitaremos o Penedo da Pucha, debaixo do cal vivían as xentes prehistóricas, que ademais é veciño da lendaria “Pedra que fala”. Finalmente remataremos na antiga canteira que serve coma campo da Festa da Prehistoria, xa na parroquia de Mos.
Pois entón, saímos ás 9:30 do Guindastre (puntuais). Vémonos!
Ø Distancia: 13.200 m
Ø Desnivel máximo a superar: 561 m
Ø Tipo de terreo: pistas de terra
Magosto do Guindastre (-11-2010 17h no Centro Cívico de Teis
editado: 2010/11/04
Pois un ano máis celebramos o magosto no Guindastre. Desta vez recuperamos o escenario do mundialiño, o pavillón do Centro Cívico de Teis. Así que estaremos a cuberto aínda que chova. E polo demais, o de sempre: castañas, viño, música, xogos populares,...Agardamos por vós.
Domingo 10 de outubro: Península do Morrazo
editado: 2010/10/06

Aproveitamos o inicio do outono para visitar por vez primeira a banda da ría oposta a Vigo cun roteiro que nos levará da vila de Cangas á vila de Moaña ascendendo no medio ao alto da serra que percorre todo o sector central da Península do Morrazo.
Desta vez aproveitaremos para desprazarnos o transporte marítimo da Ría de Vigo. Despois de desembarcar no peirao de Cangas, o noso primeiro destino será percorrer a Rota dos Muíños do Río Bouzós para así subir deica a fermosa igrexa da parroquia de Coiro. Dende este lugar teremos un bo punto de partida para acceder á Fraga de Coiro, unha das carballeiras autóctonas mellor conservadas en todo o entorno das Rías Baixas e con maior valor ecolóxico.
A través da Fraga de Coiro, ascenderemos cara ao norte para acadar o cumio do Monte Ermelo (414 m) e visitar despois a aldea de Ermelo, unha parroquia do concello de Bueu situada no alto da serra. A seguir, camiñaremos deica o cumio do Outeiro da Paralaia (446), máxima altura deste roteiro e lugar de impresionantes vistas que domina toda a contorna da vila de Moaña e Ría de Vigo. Dende este punto iniciaremos a baixada cara a Moaña. Ao saírmos do bosque, pasaremos pola ighhrexa de San Martiño de Moaña, dende onde baixaremos deica a vila para tomar o barco de regreso.
E así, con todo dito, só resta avisar que quedamos na estación marítima para tomar o barco das 9:30 a Cangas. Vémonos!
-
Distancia: 14.800 m
-
Desnivel máximo a superar: 438 m
-
Tipo de terreo: pistas de asfalto e terra

Cea no Guindastre!!! venres 8 de outubro, ás 9 do serán
editado: 2010/10/06
Pra celebrar que comezamos unha nova tempada, temos preparada unha boa paparota pra o vindeiro venres 8 de outubro, ás 9 do serán. Por 7 solidarios ouros, ofrecemos:
1º) Empada + torti
2º) Lentellas (vexetas ou carnívoras)
+ postre, pan, viño a esgalla e, como non, chupiños de licor
Así que, se queredes aparecer, ídevos apuntando aquí mesmo. Saúdos!
Sábado 25 de setembro: Serra da Groba (I)
editado: 2010/09/21

O vindeiro domingo 26 de setembro comezamos por fin despois unha nova xeira de roteiros do Guindastre. Para quen xa camiñou connosco a pasada tempada, agardamos que recunque canda nós en busca de novas aventuras.
Para esta primeira saída do outono escollemos a Serra da Groba. Esta serra consiste nunha aliñación de montañas asentadas ao longo duns 30 km en dirección N-S entre A Guarda e Baiona practicamente enriba da costa. Cunha altitude arredor dos 500 m, toda a Serra da Groba constitúe un impresionante balcón sobre o Oceano Atlántico sempre batido polo vento mariño (de aí que pese sobre ela a ameaza permanente en forma de parques eólicos).
Desta volta imos percorrer o sector da Serra situado ao norte da parroquia de Mougás. Primeiramente acometeremos a ascensión do Facho de Mougás (430 m), un excelente miradoiro sobre as Rías Baixas. Para o descenso pasaremos polo recinto do curro de Mougás e, como non, deterémonos nas famosas pozas que forma o Regato das Pías na baixada polo seu val. Remataremos o roteiro subindo ao outeiro que chaman A Cabeciña (142 m) perto do cámping de Mougás, para visitar os petróglifos e o emprazamento de Castro que nel se atopan.
Daquela, sairemos sobre as 9:30 do Guindastre para chegar sobre as 10:30 ao aparcadoiro do Cámping O Muíño (indo de Baiona á Guarda pola estrada PO-552, a 5 km despois do Cabo Silleiro e xusto antes de chegar a Mougás).
Ø Distancia: 13.200 m
Ø Desnivel máximo a superar: 295 m
Ø Tipo de terreo: pistas de terra
IV Reconquista de Toralha 12-09-2010
editado: 2010/09/06
¡Piratas!:
Por cuarto ano consecutivo reunimonos en Toralla para pedir a fin da especulación nas nosas rías. E este ano temos unha alegría, o “ministerio de medio ambiente” anuncia que vai facer efectivo o deslinde do litoral na illa de Toralla, que vai construir un paseo marítimo ao redor da illa de acceso público. E mentres rimos respostamoslles: Qué maravilha!, un paseo que nos lembre que non podemos acceder aos sitios que vemos dende o paseo. Non queremos compartir as miserias morais de ninguen, reivindicamos o uso público da illa de Toralla, de toda a illa, dos seus castros, do seu parque forestal, da sua ponte, das suas praias e do seu porto, porque as illas non deben ser xamáis propiedade privada, porque o que merca unha illa estase apropiando dun patrimonio ecolóxico, e neste caso, dun patrimonio cultural que debería pertencer a tod@s.
E sabemos que Toralla non é máis ca un símbolo do noso proceso de loita, porque non pedimos só isto, non queremos que se construan máis recheos que alberguen portos deportivos e clubes privados para o disfrute d@s ric@s, mentres a clase traballadora vese cada vez máis afectada por unha nova forma de explotación disfrazada de crisis económica. Non queremos que se esquilmen máis rías. Non queremos máis verquidos de grandes empresas que non son controlados porque eiquí só importan os cartos. Reivindicamos respeto para as rías en forma de protección do seu ecosistema e en forma de sustentabilidade.
Piratas!, unha vez máis, un ano máis, non máis illas de cemento!
Domingo, 18 de Xullo - Roteiro pola Serra do Galiñeiro
editado: 2010/07/11
Roteiro pola Serra do Galiñeiro

![[Vigo] A Cova dos Ratos](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/acova.jpg)
![[Vigo] A Faísca](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/faisca.jpg)
![[Vigo] A Revolta](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/arevolta.jpg)
![[Coia] Xogo Descuberto](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/xogodescuberto.png)
![[Punkteareas] O Fresco](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/ofresco.jpg)
![[Cangas] A Tiradoura](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/ZSGZ/atiradoura.jpg)






![[Vigo] Radio Piratona](http://guindastre.arkipelagos.net/sites/guindastre.arkipelagos.net/files/images/links/radiopiratona.png)






